Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

COIDAR DE NÓS, PARA COIDAR DA CULTURA 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Con este novo proxecto “Coidar de nós, para coidar da cultura”, a AGPXC quixo ir máis aló dos encontros terapéuticos e abrir un proceso colectivo na busca de diagnoses máis concretas, posibles solucións prácticas e modelos inspiradores. Todo isto co reto de avanzar cara modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. O que sen dúbida tamén incidirá na calidade e impacto dos propios proxectos para os seus destinatarios finais: a cidadanía. Inspirámonos con este fin no marco da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU. Poñendo o foco en concreto en dous destes ODS: traballo decente (nº 8) e saúde e benestar (nº 3).

Esta iniciativa, contou para o seu impulso inicial co apoio económico principal do Ministerio de Cultura e Deporte. E segue a liña doutras iniciativas anteriores que a AGPXC impulsou arredor das boas prácticas profesionais. A través de espazos de reflexión, elaboración de manuais, guías e proxectos web con experiencias inspiradoras.

Todos os contidos están dispoñibles en galego e castelán, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de utilidade profesional para compañeiras do ámbito iberoamericano. En todo este proceso a AGPXC contou co apoio da Federación Estatal (FEAGC) e outras asociacións profesionais estatais. Ademais de coa participación activa de moitas xestoras e xestores culturais, tanto do ámbito público como do privado.

 

Equipo e colaboracións:

Entidade impulsora: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Deseño, coordinación e elaboración de contidos: Sergio Lago (BenCuriosa | CEUXiC USC).

Produción de eventos presenciais e xestión: Adriana Castro Tarela (AGPXC).

Comunicación: Arancha Estévez.

Apoio técnico formacións en liña e revisión de textos: Ruth Sousa (BenCuriosa).

Deseño gráfico e web: Triwus.

As imaxes utilizadas na web son de: Unplash (varios autores), Freepik (varios autores), Pablo Chouza (encontros presenciais) e extraídas das páxinas web das iniciativas reseñadas.

Apoios e colaboracións

Deputación de PontevedraCulturgalCEU en Xestión e Innovación Cultural na USCBenCuriosaFederación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Gestión Cultural

 

APGCC Professionals de la gestió culturalAGCEX Asociación de Gestores Culturales Extremadura