Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Sergio Lago

Sergio Lago

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Investigador e xestor cultural

Son xestor cultural e director de proxectos. A miña área de especialización son as iniciativas de desenvolvemento territorial, sectorial e profesional no ámbito cultural.

Creo na #XestiónCultural como ferramenta de transformación social e interésanme as #PolíticasCulturais dirixidas a garantir os #DereitosCulturais da cidadanía. Unha #CulturaSustentable que coide máis das súas traballadoras, do tecido creativo do territorio e dos #PúblicosCulturais.

A miña traxectoria e curiosidade persoal permitíronme coñecer ben a cadea de valor, a rede de axentes clave, así como os retos e tendencias nas principais disciplinas culturais, creativas e dixitais. Nos últimos anos teño acompañado a organizacións culturais de proximidade e aos seus equipos ante o reto da #TransformaciónDixital e para facilitar unha #CulturaAccesible e máis inclusiva.

Nestas liñas de traballo, dende Galicia, no Norte de Portugal e a través de proxectos dixitais no conxunto do ámbito iberoamericano, impulso iniciativas propias e, cada vez con máis frecuencia, intégrome nos equipos e proxectos de diferentes institucións públicas e sectoriais.

 
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: http://lago.gl
CONTACTO: info@lago.gl