Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

COIDAR DE NÓS, PARA COIDAR DA CULTURA 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Co proxecto “Coidar de nós, para coidar da cultura”, a AGPXC quere avanzar cara modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. O que sen dúbida tamén incidirá na calidade e impacto dos propios proxectos para os seus destinatarios finais: a cidadanía. Inspirámonos con este fin no marco da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU. Poñendo o foco en concreto en dous destes ODS: traballo decente (nº 8) e saúde e benestar (nº 3).

Quixemos ir máis aló dos encontros terapéuticos e abrir un proceso colectivo na busca de diagnoses máis concretas, iniciativas inspiradoras e posibles solucións prácticas. 

Esta iniciativa, contou para o seu impulso inicial entre 2022 e 2023 co apoio económico principal do Ministerio de Cultura e Deporte. E segue a liña doutras iniciativas anteriores que a AGPXC impulsou arredor das boas prácticas profesionais. A través de espazos de reflexión, elaboración de manuais, guías e proxectos web con experiencias inspiradoras.

Todos os contidos están dispoñibles en galego e castelán, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de utilidade profesional para compañeiras do ámbito iberoamericano. En todo este proceso a AGPXC contou co apoio da Federación Estatal (FEAGC) e outras asociacións profesionais estatais. Ademais de coa participación activa de moitas xestoras e xestores culturais, tanto do ámbito público como do privado.

En 2024 o proxecto inicia unha nova fase co apoio económico da área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña, que permitirá desenvolver novos recursos e accións adaptadas á realidade profesional galega. 

 

Equipo e colaboracións:

Entidade impulsora: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Deseño, coordinación e elaboración de contidos: Sergio Lago (BenCuriosa | CEUXiC USC).

Produción de eventos presenciais e xestión: Adriana Castro Tarela / Mon Rivas (AGPXC).

Comunicación: Arancha Estévez.

Apoio técnico formacións en liña e revisión de textos: Ruth Sousa (BenCuriosa).

Deseño gráfico e web: Triwus.

As imaxes utilizadas na web son de: Unplash (varios autores), Freepik (varios autores), Pablo Chouza (encontros presenciais) e extraídas das páxinas web das iniciativas reseñadas.

Apoios e colaboracións

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLO MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE (2022-23)
E POLA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (2024)
Deputación de PontevedraCulturgalCEU en Xestión e Innovación Cultural na USCBenCuriosaFederación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Gestión Cultural

 

APGCC Professionals de la gestió culturalAGCEX Asociación de Gestores Culturales Extremadura
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar