A xestión cultural é un oficio relativamente novo que aúna multiplicidade de perfís, públicos, privados e comunitarios. Somos axentes mediadores nun sistema cultural conformado por administracións, públicos, creadores, empresas, colectivos e outros actores.
As persoas que nos adicamos á xestión cultural traballamos para que a cidadanía poida acceder de xeito igualitario á diversidade cultural e ao coñecemento. Cidadanía que sexa ao mesmo tempo partícipe activa, creadora de sentido e xeradora de contidos.
A Agpxc quere ser transformadora, quere converterse nun espazo de intersección, nunha ferramenta para artellar a profesión e defender os dereitos e intereses de todas as persoas que xestionamos cultura desde calquera ámbito, formato ou disciplina.