Poden formar parte da asociación as persoas que desenvolvan a súa actividade profesional principal no ámbito da xestión cultural, tanto no sector público como no privado.
Para formar parte da asociación é preciso ter un mínimo de seis meses de experiencia acreditada no sector. Se tes traballado polo menos seis meses en proxectos de xestión cultural, este é o teu espazo.
Socias bonificadas: terán esta consideración aquelas persoas físicas que, sen contar aínda con experiencia profesional en activo, se atopen realizando estudos oficiais profesionalizantes ou capacitadores en xestión cultural, así como aquelas profesionais, sexan ou non socias de número, que accedan á xubilación. Ambas circunstancias deberán ser demostradas documentalmente e ser admitidas pola Xunta Directiva. As socias bonificadas contarán cunha redución da cota anual nun 50%.