Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Forma parte da AGPXC

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

QUEN PODE SER SOCIA?

Poden formar parte da asociación as persoas que desenvolvan a súa actividade profesional principal no ámbito da xestión cultural, tanto no sector público como no privado. 

Para formar parte da asociación é preciso ter un mínimo de seis meses de experiencia acreditada no sector. Se tes traballado polo menos seis meses en proxectos de xestión cultural, este é o teu espazo.

Socias bonificadas: terán esta consideración aquelas persoas físicas que, sen contar aínda con experiencia profesional en activo, se atopen realizando estudos oficiais profesionalizantes ou capacitadores en xestión cultural, así como aquelas profesionais, sexan ou non socias de número, que accedan á xubilación. Ambas circunstancias deberán ser demostradas documentalmente e ser admitidas pola Xunta Directiva.  As socias bonificadas contarán cunha redución da cota anual nun 50%.

 

CANTO CUSTA ASOCIARSE?

A cota anual é de 70 € - Menos dun café á semana


ESTATUTOS DA AGPXC

Descargar estatutos

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


COMO DARSE DE ALTA NA AGPXC?

Cubre o seguinte formulario, nin cinco minutos vai levar.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

QUE VANTAXES TEN SER SOCIA DA APGXC?

Visibilidade

Xuntas reforzamos a consolidación da figura profesional do xestor cultural. Dende a Asociación tamén poñemos en valor o traballo individual das persoas asociadas

 

Rede

Vinculamos as nosas actuacións con outras iniciativas próximas de Galicia, do resto da Península e a nivel internacional. Poñemos en contacto a proxectos, entidades e profesionais para traballar máis e mellor no eido da xestión cultural.

 

Políticas Culturais

Actuamos como interlocutores con organismos públicos ou entidades privadas co fin de mellorar a programación, desenvolvemento e avaliación da actividade cultural. Promovemos o debate e a reflexión no campo das políticas culturais.

 

Formación

Desenvolvemos unha oferta especializada propia e gratuíta para socias e socios. Colaboramos con entidades educativas para a mellora da súa oferta formativa. Compartimos publicacións e información de interese.

 

Descontos

Acordamos ofertas exclusivas para persoas socias en servizos, xornadas técnicas, seminarios e plans formativos organizados por terceiros.

 

Defensa dos intereses laborais

Promovemos a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional das persoas asociadas. Recibimos e tramitamos denuncias de malas prácticas