Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

SOMOS

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión así como unha plataforma de representación profesional. 

Formamos parte da Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales (FEAGC) e da Red de Espacios y Agentes de la Cultura Comunitaria.  (REAC).

ESTATUTOS

Descargar

OBXECTIVOS

Os obxectivos da Asociación son:

  1. A representación, xestión, asesoramento, defensa e fomento dos intereses profesionais dos técnicos e xestores culturais galegos.
  2. O establecemento de servizos propios, de interese común, e en especial: asesoría técnica, xurídica, económica ou fiscal para mellor defensa dos intereses profesionais das persoas asociadas.
  3. Promover a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional das persoas asociadas, así como a unificación de criterios e sistemas, servindo con obxectividade aos intereses xerais no marco dun Estado de Dereito.
  4. Reforzar a consolidación da figura profesional do xestor cultural.
  5. Promover o debate e a reflexión sobre cuestións de interese colectivo no campo das políticas culturais e da Xestión Cultural.
  6. Favorecer o intercambio de información, de ideas e de experiencias, así como a formación, entre os xestores pertencentes á asociación.
  7. Contribuír á formación doutros colectivos vinculados coa xestión cultural
  8. Servir como órgano de comunicación e interlocución aos organismos de formación para a Xestión Cultural, así como a cantos organismos públicos ou entidades privadas se considere, co fin de mellorar a programación, desenvolvemento e avaliación da actividade cultural.
  9. Vincular as nosas actuacións con outras iniciativas similares realizadas no resto do Estado ou a nivel internacional.
  10. Promover o desenvolvemento da cultura da participación activa e comprometida, así como contribuír á difusión da pedagoxía democrática en todas as nosas actuacións.
  11. Todas aqueloutras actuacións que se estimen oportunas no ámbito da Cultura e que persigan beneficio social para Galicia e para a propia Asociación e os seus membros.