Desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) no marco do programa de subvencións da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de actividades por parte das entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva a nivel galego, elaboramos nestes últimos anos dous Manuais de Boas Prácticas dirixidos ao sector cultural.
Ambos manuais son unha ferramenta imprescindible e precisa para as profesionais da Xestión Cultural, sendo estes documentos como guías precisas para a posta en marcha de prácticas culturais responsables.