Xestor Cultural, Consultor de Marketing e Patrocinio en ICC´S
Máis de 25 anos no sector das ICC’s, especialmente en proxectos relacionados coa Cultura, Música, creación de marca e estratexias de negocio, marketing, comunicación e patrocinio.
Fun co-fundador do colectivo e Festival Sinsal (Vigo). En 2003 fun seleccionado como o único artista español para a Red Bull Music Academy dese ano, que se celebrou en Cidade do Cabo (Sudáfrica). En 2005 mudeime a Madrid, incorporándome ao equipo de Marketing de Red Bull España como Communications Specialist. Durante 5 anos, formei parte do equipo de Comunicación, en tarefas de comunicación corporativa e de eventos de marca.
En 2011 pasei a dirixir o departamento de Cultura da marca en España, como director de Marketing Cultural, xestionando a estratexia de Música e Cultura e os patrocinios nos principais festivais de música en toda España, etapa que finalicei en decembro de 2016.
Tamén son Profesor de Máster Universitario, relator en conferencias e xornadas sobre Marketing Cultural, creación de proxectos e campañas, financiamento e patrocinio nas ICC’s.
En 2017 regresei a Galicia, e desde entón traballo como consultor de Marketing e Cultura para diversas marcas, festivais, empresas e institucións públicas.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: https://www.linkedin.com/in/victorflores-es/
CONTACTO: holavictorflores@gmail.com