Consultor de internacionalización e financiamento
Consultor de financiamento e internacionalización para CPHM, é socio da firma EIDOSD.
Tamén traballa como investigador para os Grupos CECUPS da Universitat de Barcelona e como técnico de proxectos e membro do GET de Estudios Territoriais da UDC.
Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, DEA en procesos políticos contemporáneos pola mesma universidade, Doutorando en Socioloxía e Máster en Unión Europea e Xestión de Fondos pola UDC e Posgrao en Organizacións financeiras multilaterais e licitación internacional pola Escola de Negocios de Abanca.
Alternou diferentes responsabilidades en gabinetes das administracións Galegas con responsabilidades directivas no sector privado na industria cultural. Orgulloso secretario da Fundación Uxío Novoneyra, é tesoureiro de ACAMFE, e membro da directiva de Praza Pública e a AGPXC, e tamén é membro de Icomos España, Europeana e B.Creative.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: https://www.linkedin.com/in/uxionovo/
CONTACTO: info@eidosd.com