Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Sergio Lago

Sara García

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xestora cultural e cofundadora de A SEARA servizos culturais

Sara García Cabeza (Ourol, Lugo, 1995)

Formada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu traballo no ámbito da xestión cultural. A súa traxectoria profesional vinculouse nun primeiro momento á divulgación e crítica cultural en diversos medios de comunicación (Balea Cultural, El Salto, Nós Diario, etc.). Posteriormente, decidiu adentrarse no sector das industrias culturais e creativas como xestora cultural autónoma.

Actualmente traballa como profesional freelance no desenvolvemento de proxectos culturais. As súas contribucións abarcan desde a xestión administrativa e financeira, a distribución e promoción de espectáculos, ata o comisariado e deseño de programacións, colaborando así cunha ampla variedade de iniciativas. Destacan entre elas o WOS Festival, a produtora Tarabela Creativa, o colectivo fotográfico Ollo, ou a asociación Tecedeira, desde a cal dirixe as Xornadas Etnográficas da Mariña.

Desde o ano 2023 suma forzas traballando en rede dentro das cancelas de A SEARA, unha axencia de servizos culturais especializada na distribución, produción, comunicación e desenvolvemento de proxectos. Tamén desenvolve labores de representación de artistas e acompañamento na carreira musical de bandas como Belém Tajes, Carabela, Maricarme, Mocho Gris ou Nebra.

 
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: www.linkedin.com/in/saragarcíacabeza
CONTACTO:  sara@aseara.gal