Xestor cultural e comisario independente
Teño máis de 15 anos de experiencia na xestión de proxectos culturais a nivel internacional, traballando con diversas disciplinas artísticas, formatos e públicos. Máster en Xestión Cultural e de Festivais pola Queen Margaret University de Edimburgo (2012).
As miñas competencias principais inclúen planificación de produción, mentorización en industrias culturais, negociación, coordinación, presentación, moderación e comisariado de eventos e actividades culturais. Traballei con multitude de institucións e festivais internacionais de prestixio e apaixóname promover e apoiar o talento emerxente, a diversidade e o cambio social a través da cultura.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: www.linkedin.com/in/monrivas
CONTACTO: monrivas3@gmail.com