Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Marcos Lorenzo

Marcos Lorenzo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Técnico de cultura do Concello de Ferrol

Economista con formación complementaria en antropoloxía e xestión cultural.

Traballou como consultor cultural en Smart Ibéria S. Coop., socio do equipo BenCuriosa, asesor da Cidade da Cultura de Galicia, director da empresa de xestión cultural e-Burbulla S.A., xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop. Galega. Na actualidade é o técnico de Cultura do Concello de Ferrol.

No ámbito académico foi impulsor e coordinador do Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural da USC.

Membro do Consello da Cultura Galega (Comisión de Xestión e Políticas Culturais), foi o representante deste organismo na comisión designada para a creación do Grado en Xestión Cultural da USC.

Membro do grupo 'Cultura y Desarrollo Sostenible' da Red Española de Desarrollo Sostenible - Sustainable Development Solutions Network (ONU).

Entre outras publicacións profesionais, foi editor e co-autor do libro “A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual” (Andavira Editora, 2019) así como director do “Informe Anual da Cultura en Santiago de Compostela 2018”.

Algúns proxectos:

  • Festa do Banquete de Conxo (Concello de Santiago de Compostela, 2018).
  • NEXOS, ciclo de cultura contemporánea (Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2013).
  • Encontro Internacional de Economía e Ecultura (Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2012).
  • Galicia, Ceo das Letras (Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2011).
  • FIOU - Festival Internacional de Orquestras de Galicia (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2010).
  • Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol (Concello de Ferrol, 2008).
  • Programa de Teatro Veciñal (Concello de Ferrol, 2008).


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: https://independent.academia.edu/LorenzoMarcos
CONTACTO: marcos.lorenzo.gallego@gmail.com

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar