Informadora Turística
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2019, tras realizar un Traballo de Fin de Grao sobre a Guerra da Antiga Iugoslavia, vista desde unha perspectiva de xénero, centrándome nas violacións en Bosnia.
Posúo un Máster en Xestión do Patrimonio Artístico, Arquitectónico, Museos e Mercado da arte, na mesma facultade (interuniversitario xunto coa Universidade de Las Palmas). O meu Traballo de Fin de Máster centrouse no estudo do tratamento do paisaxe rural vs. urbano no cine galego e na identificación da poboación local con esta representación.
Os meus principais intereses laborais son o tratamento do patrimonio cultural, a divulgación da arte e a análise destes desde unha perspectiva de xénero, así como a historia contemporánea. A pesar diso, adáptome facilmente a distintos escenarios que moitas veces non teñen moita relación entre si.
Tamén disfruto traballando de cara ao público. Realicei visitas guiadas con colexios e sempre busco crear o vínculo co grupo durante o discurso expositivo, para así descubrir os seus intereses e inquietudes e, por suposto, tamén aprender eu deles.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:
LinkedIn: Karina Rodríguez Groba
Instagram: @karinagroba
CONTACTO: karinagroba@gmail.com