Coordinador da Rede de Músicas de Juventudes Musicales de España
Eloy Fernández formouse como pianista en Santiago de Compostela, e posteriormente no conservatorio superior de Salamanca, e paralelamente como ilusionista de xeito autodidacta. Afondou en proxectos interdisciplinares de música e maxia, como o espectáculo El puente invisible, ou a investigación do seu traballo final de estudos A ilusión sonora, que o levou a impartir conferencias sobre as relacións psicolóxicas nos xogos de maxia e a percepción musical ante diferentes públicos tanto xerais como especializados.
Posteriormente encamiñou a súa carreira profesional á xestión cultural, levándoo a colaborar en proxectos de natureza diversa: festivais, institucións culturais, concertos de grande formato, e a fundar a axencia de xestión artística Amalgama.
Actualmente é coordinador da Rede de Músicas de Juventudes Musicales de España, un circuito de concertos a nivel nacional que busca impulsar o inicio da carreira profesional das novas promesas da música clásica e jazz en España.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: http://www.jmspain.org/
CONTACTO: eloy.mateos@hotmail.com