Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Daniel Amós Rodríguez Silva

Daniel Amós Rodríguez Silva

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Fundador e xerente da plataforma dixital Mundo Escénico

Daniel Amós é natural de Moaña (Pontevedra) e a súa paixón polas Artes Escénicas, e en particular polo teatro, levouno a converterse nun dos membros fundadores da asociación moañesa Teatro Avresno, agrupación onde actuou e tamén dirixiu varias obras. Tamén formou parte de Teatro Xerigonza na Universidade de Vigo, compaxinando a actividade en ambas agrupacións teatrais durante varios anos. Aparte do teatro, tamén estivo involucrado durante varios anos no folclore tradicional como parte dunha asociación folclórica-cultural en baile galego, algo que lle fixo ver o grande valor e riqueza que ten esta disciplina e tamén as carencias existentes para promovela de xeito adecuado. No tocante á súa formación académica, Daniel estudiou Enxeñería de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, chegando a doutorarse no 2015, mentres traballaba como investigador no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. Esta formación complementa a súa faceta artística cunha faceta máis tecnolóxica, o que lle permitiu lanzar en 2019 a iniciativa Mundo Escénico, a plataforma online galega das Artes Escénicas que nace co obxectivo de democratizar e modernizar estas disciplinas co apoio das novas tecnoloxías. No 2020 recibiu a formación "A transformación dixital na xestión cultural" da AGPXC impartida por Bencuriosa o que lle deu unha visión máis ampla e clara das necesidades de innovación do sector cultural e, en particular, das Artes Escénicas en Galicia.


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:  https://mundoescenico.gal/

CONTACTO:  damos@mundoescenico.gal

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar