Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Clara R. Cordeiro

Clara R. Cordeiro

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Socia fundadora de 7H Cooperativa Cultural

Clara Rodríguez Cordeiro é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2006), doutoranda especializada en arte contemporánea, educación e xénero (Diploma de Estudos Avanzados, USC, 2009) e Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (USC e CGAC, 2009). Ademais de desenvolver, desde 2008, proxectos propios no ámbito do comisariado e a xestión cultural, foi coordinadora do espazo de creación e experimentación contemporánea A Chocolataría (Santiago de Compostela, 2006) e presidenta da Asociación Cultural [Sen Marco]. Socia promotora de 7H Cooperativa cultural (2015), da que actualmente é a súa presidenta, no seu labor de coordinación e mediación cultural destaca a dirección dos proxectos Mulleres en Círculo (Igrexa da Universidade, 2016), Mutacións Urbanas (Concellos de Santiago e Teo, 2016 e 18), Elas tamén Pintan (Concello de Santiago, 2017-18 e 21), Delas Fest (Comarca de Santiago, 2019-22) e Utópicas, arte e territorio (Auditorio de Galicia, 2022).


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: www.7hcoop.gal

CONTACTO: clara@7hcoop.gal