Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Ana Díez

Ana Díez

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Comunicadora, produtora e xestora cultural

Graduada en Ciencia Política e da Administración con especialización en prensa de gabinete e comunicación corporativa pola Universidade Metropolitana de Praga. Certificada en dinamización de comunidades en liña pola UNED e especializada en xestión cultural pola Universitat Oberta de Catalunya e a USC.

Traballadora por conta propia dende 2016, desenvolveu servizos de xestión cultural especializados en comunicación, produción e execución de proxectos para entidades como a Axencia Galega das Industrias Culturais, Academia Galega do Audiovisual, Uqui.net, En Negro Contra as Violencias, Silabario Gastronomía, Curtocircuíto International Film Festival, Premios María Luz Morales, Camino Escena Norte, Mercartes, Fundación Eugenio Granell, Consello da Cultura Galega, Culturgal, Cidadanía S.Coop Galega, O Globo - Solidariedade Internacional de Galicia, Compostela Ilustrada ou Festival FIC Vía XIV, entre outros. Ademáis colaborou en múltiples proxectos relacionados coa economía social, coordinando a comunicación e a implementación de plans de actuación para proxectos de entidades do sector pesqueiro e agrogandeiro ao longo da costa e interior galegos (Aula Sostible do Freixo, Burela-IN, Proxecto Tanza, Bitácoras do Mar ou Mar Aberto), así como en Terra Atlántica -Marca de Territorio da Costa da Morte-, Artesanía Alimentaria ou Agacal.


Actualmente é responsable de comunicación e relación con medios en Escena Galega e o AI Song Contest 2023, ao tempo que coordina o desenvolvemento de proxectos para Nova Galega de Danza. Suma forzas traballando en rede dentro das cancelas da Seara Servizos Culturais.


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:

https://www.linkedin.com/in/anadíezpérez/

CONTACTO: ana@aseara.gal

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar