Comunicador e xestor cultural
Alejandro Nieves Rodrigues, de Verín (Monterrei), colleita do 96.
Vinculado dende cativo ao asociacionismo formando parte de diversos proxectos de música galega. Logo de diversos voluntariados vinculados co sector, decide especializar os seus estudos de ADE e Publicidade e convertirse en comunicador e xestor cultural. Faino a través do Curso de Expertx Universitarix en Xestión Cultural e convencido do poder da cultura activa e o seu carácter transformador.
Dende o comezo profesional, Alex ve na figura de freelance unha oportunidade de traballo no sector e isto levao a colaborar en proxectos moi diversos como a axencia de comunicación musical Lume!, o Museo de Verín, Bencuriosa ou artistas como Cristina Pato.
Actualmente traballa a medio camiño entre Santiago de Compostela e Verín. Forma parte do equipo de comunicación de CULTURACTIVA sumando en diversos proxectos de artes escénicas e música. Tamén foi director de comunicación do INTERSECCIÓN - Festival de Arte Contemporánea da Coruña e é director de produción do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.
Tamén co-xestiona o proxecto Farlopa.Fanzine orientado á dinamización cultural da comarca de Verín, lugar no que colabora con outros axentes como a Banda de Gaitas Nova Era, a Fundación Dentalnova e outros colectivos de traballo cultural asociativo cos que realiza proxectos de caracter puntual.
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:
https://www.linkedin.com/in/oalexnieves/
https://www.facebook.com/AlexNiro28
CONTACTO: ocorreodoalex@gmail.com