Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Rematamos o verán falando de novas audiencias e políticas culturais

Rematamos o verán falando de novas audiencias e políticas culturais.


Compostela, 16 de setembro de 2018

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural retomou a actividade trala pausa de agosto no festival WOS, que se celebrou en Compostela entre o 12 e o 16 de setembro con varias propostas relacionadas coa cinema e a música en diversos espazos da cidade, pero tamén cunha serie de encontros nos que estivo presente a AGPXC.

O primeiro deles tivo lugar o 12 de setembro na Cidade da Cultura co aoio de Fest Galicia, para falar da xeración de novas audiencias no ámbito cultural. Nel participaron Encarna Lago, da Rede Museística Provincial de Lugo, Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural e Mónica Muro e Ramón Souto de Vertixe Sonora, moderados polo presidente da Asociación, Alberto García.

A segunda xornada, que se celebrou no CGAC o día 15, estivo adicada ás políticas de xestión cultural e foi moderada polo coreógrafo e investigador Javier Martín. Participaron nela a concelleira de Cultura compostelá, Branca Novoneyra, Manuel A. Fernandes, responsable de comunicación de Braga Media Arts, Horacio González, impulsor, entre outros proxectos, de Agentes del Caos, a bailarina Rut Balvís, do Colectivo RPM e Baltasar Patilo , cofundador de Matarile Teatro, xunto con Xavier Campos, asesor cultural Deputación da Coruña e socio da AGPXC.

Nas vindeiras semanas a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural ten previstas máis actividades divulgativas das que vos iremos dando conta a través das nosas redes sociais. A máis inmediata, en novembro, estará dedicada ás políticas culturais.