Xoves, 13 de outubro do 2022
O Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo terá lugar na Coruña do 18 ao 23 de outubro.
Nesta V edición desde a AGPXC participaremos nas seguintes accións o martes 18 de outubro na Fundación Luis Seoane (A Coruña):
12.30h – Mesa redonda “Incorporar as artes audiovisuais nas programacións culturais“.
- Modera: Gonzalo E. Veloso (Director artístico e produtor executivo no festival INTERSECCIÓN).
- Participan: Carlos Lorenzo (Presidente da AGPXC) e Copi (Técnico de Cultura no Concello de Neda).
13.30h – Presentación do Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural das Artes Visuais con 7H Cooperativa Cultural.
13.30h – Encontro Xestores Culturais.
Inscricións e solicitude de acreditacións na seguinte ligazón.
Máis información en intersección. gal