Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
DIÁLOGOS DE DANZA. Unha ponte entre a creación e a programación

DIÁLOGOS DE DANZA. Unha ponte entre a programación e a creación


Mércores, 15 de marzo de 2023

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural promoven a xornada o 28 de marzo na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Analizar e poñer en común a situación profesional do sector danza e da exhibición de espectáculos en Galicia é o obxectivo da xornada promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Culturgal (AGPXC) para o vindeiro martes 28 de marzo. A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá un programa baixo o título “DIÁLOGOS DE DANZA. Unha ponte entre a programación e a creación”, que inclúe a presentación de propostas de mellora neste ámbito, unha sesión de pitching e, afondando no futuro do sector, a posta en común de experiencias e modelos inspiradores que están a ser innovadores. O xestor cultural Manu Lago, especializado na produción e distribución de espectáculos de danza contemporánea, e a coreógrafa, bailarina e investigadora Paula Quintas, coordinan esta xornada dirixida a compañías de danza, programadores do sector cultural privado, técnicos de cultura e programadores públicos, e profesionais da danza e as artes do movemento. As prazas son limitadas e a inscrición está aberta en xestoresculturais.gal

Nestes Diálogos de Danza do vindeiro 28 de marzo, que terán lugar durante todo o día na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, procúrase afondar no diálogo e coñecemento dos intereses e inquedanzas dos diferentes perfís -profesionais e artísticos-, e das entidades que habitan o sector da danza. O obxectivo principal deste encontro é poñer en común as diagnoses e propostas do colectivo das compañías de danza e artes do movemento, e dos profesionais da programación das artes escénicas en Galicia, para deseñar fórmulas que propicien a mellora dos índices de exhibición de espectáculos, o aumento de públicos e a sustentabilidade do sector da danza. Desde a organización da xornada sublíñase que a necesidade de acoller foros de colaboración e de debate, e abertos, é unha realidade, sobre todo co fin de analizar e dar a coñecer iniciativas e boas prácticas tanto no territorio galego como en España e no ámbito internacional, medida enmarcada no Plan Integral de Danza de Galicia.

Prazas limitadas. Inscrición:

https://docs.google.com/forms/d/121tteLizXP_3zwrmMdacsKcAM0mDaEoN_3TUzWYaYhM/edit

Convocatoria de pitching:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQg1z3cKoiOJ-jViwHD0R7llXJdc0rhrxeYGpEg3OjloVdzA/viewform

 

PROGRAMA “DIÁLOGOS DE DANZA. Unha ponte entre a programación e a creación”
Martes 28 de marzo,  Sala Eisenman, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela


09.30h Apertura institucional
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia.
Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
Manu Lago, xestor cultural independente. É o creador do Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia, do catálogo de distribución (2017-2022) Galicia Danza Contemporánea e comisario da xornada.
Paula Quintas, bailarina, creadora e investigadora entre danza e circo, e comisaria da xornada.

10.00h - 10.40h Punto de partida: presentación dos resultados sobre o  proceso de análise e propostas para a mellora das programacións de espectáculos de danza e artes do movemento.
Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC
Presenta: Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.


10.45h-10.55h Panorámica da escena da danza en Galicia.
Diego Meizoso, xerente de Escena Galega.
Paula Quintas, Vogal de Danza de Escena Galega.

11.00h – 11.45h Danza en Galicia: Sesión de pitching a cargo de compañías de danza e/ou distribuidoras galegas.
Convocatoria de pitching: Destinado a compañías e/ou distribuidoras de danza de Galicia. Convidamos a compañías e/ou distribuidoras de danza galegas a realizar unha presentación dos seus espectáculos de danza nunha rolda de pitchings. Aconséllase incidir en todos os formatos, tipos de público e actividades de mediación dos mesmos para facernos unha composición de todas as posibilidades que esa variedade e diversidade nos permitiría en diferentes tipos de programación. Serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición. Formulario en xestoresculturais.gal.

[11.45h - 12.10h PAUSA – CAFÉ]


12.10h - 13.15h Presentación de experiencias inspiradoras sobre danza.
Sabela Ramos, Coordinadora do proxecto Escora da Deputación da Coruña.
Xestora e mediadora cultural independente. Coordina o proxecto de danza Escora da Deputación da Coruña. Traballou en diversos proxectos vinculados á danza e ás artes vivas en Galicia; Programación Expandida TRC Danza, Colectivo RPM, Artestudio Xestión Cultural. Acompaña en xestión e produción ás compañías de danza Elahood, Marcia Vázquez e Entremans. No sector musical colabora con Mada Producións e Repica.

Anxo Lamelo, Asesor da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Biólogo, actor, dramaturgo, formador teatral e asesor cultural. Como Biólogo desempeña funcións de divulgación científica, mestre composteiro, control de calidade, docencia, etc. Actor e dramaturgo en diversas compañías e colectivos teatrais como Lucecús Teatro, Microefectos dramatúrxicos, Achádego Teatro e moitas outras. Actor en diversas producións teatrais e audiovisuais. Dende o 2019; Asesor de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello de Lugo.

Eugenia Muñoz, técnica de Cultura e Turismo Concello Xunqueira de Espadañedo (Ourense).
O Concello de Xunqueira de Espadañedo, inicia a súa andaina no mundo de danza no ano 2019 da man de Maruxa e Eric (SóloDos Danza); a idea, valorizar o mosteiro, que as artes escénicas desen vida ás pedras centenarias do vello cenobio cisterciense. A partir dun proxecto iniciado en Ourense, “Danza no claustro” crecería na terra dos mosteiros, na lexendaria tebaida galega: Ribeira Sacra e tería o seu epicentro no Claustro Regular de Santa Maria de Xunqueira de Espadanedo. Despois chegaría “Danza nos fornos”, “Danza no Sagrado” e outros proxectos de danza que pouco a pouco situaban a un pequeno concello do rural galego (700 habitantes ) nun referente da danza galega.

Nuria Sotelo, Experiencia de mediación, creación e exhibición de danza no rural: A Casa Vella.

Presenta: Paula Quintas, comisaria da xornada e Manu Lago, comisario da xornada.


 13.20h - 14.15h Conversa: Cara novos modelos de exhibición da danza nos concellos de Galicia.  
Kirenia Martínez, coreógrafa, bailarina e actriz. Dirixe a compañía KIRENIA DANZA.
Coreógrafa, bailarina e actriz, dirixe e produce os seus proxectos escénicos dende 2019 coa súa propia compañía KIRENIA DANZA, tres deles coproducidos polo Centro Coreográfico Galego. Ademáis é directora do Festival descentralizado "Danzar O Camiño" (dende 2021), codirectora fundadora da Cía.Entremáns (dende2006),o Festival Quincegotas (2015) eo Festival Empape (2008_11), e codirectora da progración escénica do Festival dos Eidos (dende 2019).

Nieves Lema, técnica de cultura do Concello de Vimianzo.

Presentan: Paula Quintas e Manu Lago, comisarios da xornada.

[14.30h - 16.00h Pausa – Xantar]

16.00h – 17.30h Compañías e programadores: un traballo conxunto para o desenvolvemento da danza.

Dinámica participativa con Diego Parajó (XENEME).


17.30h - 18.00h Peche e conclusións:
Paula Quintas, comisaria da xornada.
Manu Lago, comisario da xornada.
Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).