Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Celebramos unha xornada sobre a lei de contratos do sector público aplicada á xestión cultural

Celebramos unha xornada sobre a lei de contratos do sector público aplicada á xestión cultural.


Compostela, 15 de marzo do 2019

O vindeiro xoves 28 de marzo organizamos unha xornada formativa sobre a Lei de Contratos do Sector Público aplicada á xestión cultural. Celebrarase no Auditorio de Galicia, coa participación de Escena Galega e a colaboración da Deputación da Coruña.

A sesión, que se desenvolverá de 16:30 a 20:30, será impartida pol*s avogad*s especializad*s e xestor*s culturais Juan Antonio Estrada e Ania González e está destinada a xestor*s e axentes culturais do sector público e privado.

No programa previsto hai unha exposición inicial de carácter teórico trala que se analizarán por equipos diferentes casuísticas relacionadas coa contratación artística, con solucións e conclusións aplicadas a cada suposto.

Hai 50 prazas reservadas para as persoas socias da AGPXC e de Escena Galega que estean interesadas. Se é o teu caso, debes reservar a túa inscrición antes do 25 de marzo en info@xestoresculturais.gal ou tamén en info@escenagalega.gal.

Se non es soci@ da AGPXC e tes interese en asistir, contacta igualmente con nós para entrar na lista de agarda.