Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Celebramos a nosa asamblea anual en Culturgal

Celebramos a nosa asamblea anual en Culturgal.


Pontevedra, 30 de novembro do 2018

Culturgal é unha das citas de referencia da cultura galega e a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural estivo tamén presente na feira, que, como vén sendo habitual, se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra.

No primeiro dos tres días, que é o que está orientado fundamentalmente ao sector, tivemos ocasión de participar nas xornadas desenvolvidas por Escena Galega e tamén de celebrar a nosa asamblea anual, na que demos conta de todas as actividades desenvoltas neses últimos meses, das que tedes un resumo na web.

Rematamos o día cun breve momento de socialización entre soci*s e compañeir*s do sector, nun brinde pola cultura con Carlos Meixide exercendo de anfitrión, cun discurso cargado de humor e ironía sobre a nosa profesión, o seu presente e o seu futuro.