Trala presentación, na que participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, Fátima Teixeiro, compañeira da directiva da AGPXC, e Xavier Campos, expresidente da asociación, puidemos coñecer os detalles do documento que desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural proporcionamos á Xunta como contribución á “Estratexia da Cultura Galega”.
Un documento que, por certo, tedes AQUÍ ao voso dispor, e do que falaron Iván Arias (WOS), Clara Cordeiro (7HCoop) e Emi Candal (Urdime).