Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
A transformación dixital na Xestión Cultural centra o plan formativo 2020

A transformación dixital na Xestión Cultural centra o plan formativo 2020.


Santiago de Compostela, 29 de xullo do 2020

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, co apoio da Xunta de Galicia, promove un plan formativo, destinado a actualizar as competencias das profesionais da xestión cultural nun contexto global de transformación dixital.

 

Nunha sesión en liña presentamos hoxe o plan de formación: “A transformación dixital na Xestión Cultural” para este ano 2020. Nela, contamos coa participación de docentes do programa, cos que conversamos sobre os retos e oportunidades deste no contexto dixital.

 
Toda a información e formularios de inscrición xa están dispoñibles en: xestoresculturais.gal/transformacion-dixital