Mércores, 14 de setembro do 2022
Durante case xa dous anos de pandemia, onde a cultura foi refuxio e oxíxeno para toda a sociedade, este sector profesional amosou excelencia, sendo exemplar na súa adaptación, flexibilidade e responsabilidade, poñendo as persoas no centro da súa programación e xestión. Mais tamén navegou por mares de profunda incerteza e desamparo en moitos momentos.
Por todo isto nace esta xornada profesional, este encontro para a reflexión conxunta, para partillar experiencias e buscar novas formas de afrontar as problemáticas presentes e futuras para o sector.
Neste senso ambas entidades entendemos que o punto de inflexión que supón a pandemia abre novos desafíos que afrontar na busca e articulación de alternativas para o sector cultural. O encontro profesional conta así coa participación de profesionais así como coa presenza de exemplos inspiradores que teñen lugar na provincia, entendendo que Pontevedra é un territorio cun alto potencial cultural que pretende visibilizar e poñer en valor.
A xornada terá lugar o vindeiro xoves 10 de febreiro de 09.30h a 14.00h no Castelo de Soutomaior e contará coa presenza de Carmela Silva (presidenta da Deputación de Pontevedra), Pilar Portela (presidenta da AGPXC), Benito Burgos (coordinador do programa do ministerio Cultura y Ciudadanía), Paula Cabaleiro (directora de Cultura da Deputación de Pontevedra), Marta Núñez (técnica de actividades culturais e educativas do Concello de Vigo), Alfonso Pato (director do Festival de Cans), entre outras profesionais do sector.
Para asistir presencialmente é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón.
Achegamos a continuación o programa ao completo da xornada.