Xornada formativa: “A xestión cultural desde e para o sector público”

conferencias e charlas, info Comments (0)

Compostela, 28 de outubro de 2019

A AGPXC, co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre “A xestión cultural desde e para o sector público“, coa avogada especialista en dereito da cultura Patricia Gabeiras (Gabeiras & Asociados) e na que se analizará a relación da xestión cultural coa administración pública, tanto desde unha perspectiva pública como privada.

No ámbito da xestión cultural a relación e dependencia coas Administracións Públicas é frecuente. Os xestores culturais dispoñen de espazos públicos, participan en eventos patrocinados ou subvencionados polo sector público, e interveñen na contratación de artistas, co seu  singular réxime laboral.

Nesta xornada expoñeranse as liñas esenciais da lexislación aplicable aos contratos públicos, subvencións, convenios, cesión de espazos ou o estatuto da/o artista, entre outras cuestións, co fin de identificar con claridade as prestacións que se realizan na actuación habitual da xestión cultural e as normas que a ordenan, coa intención de resolver a cuestión, en ocasións confusa, como debemos relacionarnos coa Administración.

Para falar de todo isto, o vindeiro xoves 14 de novembro na sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19).

A inscrición é de balde e as prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición outorgando prioridade ás socias.

Inscricións no mail: info@xestoresculturais.gal.

Pin It

» conferencias e charlas, info » Xornada formativa: “A xestión cultural...
On 29/10/2019
By

Comments are closed.

«