Xornada “Galiza, xestión de contrastes”

encontros Comments (0)

A Coruña, 28 de marzo de 2012

 

A xornada, celebrada no Centro Ágora da Coruña, estivo dividida en dúas sesións. Na primeira delas realizouse traballo interno para fixar obxectivos e mellorar as posibilidades de colaboración entre asociados. Posteriormente presentáronse proxectos culturais seleccionados como modelos de boas prácticas.

 

PROGRAMA

 

10-12h Primeira sesión de traballo en grupo con José Expósito “Expo”.
Valores, organización e plantexamento para a acción na AGPXC. (Só para asociados)

12h Pausa café

12:30-14h Segunda sesión de traballo en grupo

14-16h Pausa xantar (en formato pique-nique no propio Ágora)
Durante o xantar terá lugar a Asemblea Ordinaria da Asociación

16-17h Presentacións de proxectos I

Música:

  • José Victor Carou, Director Xerente do Auditorio de Galicia.
  • Julio Gómez, Sinsal.

Cinema:

  • Diego G. López, Festival de Cine de Ourense.
  • Alfonso Pato, Festival de Cans.

Literatura:

  • Carlos Lorenzo, Certame de Poesía do Concello de Carral
  • Pastor Rodríguez, Barbantia.

 

2012 03 28 Xornada Galiza país de contrastes mesas

Presentacións de Pastor Rodríguez (Barbantia) e Carlos Lorenzo (Concello de Carral)

 

17h Pausa café

17:30-18:30 Presentación de proxectos II

Teatro:

  • Carme Castro, Festival de teatro de Carballo.
  • Carlos Sante, Festival Manicómicos da Coruña.

Promoción e cooperación:

  • Lucía Canoura, Sonda Norte.

19h. Encerramento da Xornada

 

Nota 1. Estes proxectos que se presentan foron escollidos como modelos de boas prácticas en xestión cultural, tando nos ámbitos público como privado. As presentacións terán un formato áxil con 5 minutos de presentación en PPT e outros 5 para preguntas do público.

Nota 2. As sesións da mañá son só para socios/as da AGPXC. Para participar hai que cubrir un formulario previo. Os interesados/as envíen un email a formacion@xestoresculturais.gal

As sesións da tarde están abertas ao público. A asistencia é gratuíta. O único requisito para os non socios é que traian algún libro de xestión cultural ou algún manual que lles pareza de utilidade e que queiran partillar, en formato “Libera un libro” ou en formato “Intercambia un manual”.

 

 

Pin It

» encontros » Xornada “Galiza, xestión de contrastes”
On 28/03/2012
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »