.
Hoxe tivemos unha fantástica conversa sobre a profesión con compañeir*s da AGPXC e Jaume Colomer no xantar previo á súa sesión no Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC.
Seguindo a liña de encontros informais con docentes foráneos que participan nesta iniciativa formativa, contamos nesta ocasión con Jaume Colomer, profesor da Universitat de Barcelona, consultor cultural e unha das referencias en xestión de públicos da cultura, temática sobre a que xirou a conversa.
« 1ª Quedada da AGPXC en Carral 2ª Quedada da AGPXC: o perfil profesional na actual xestión cultural »