En colaboración co Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan nesta iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre nós e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.
A primeira cita foi con Roberto Gómez de la Iglesia e a seguinte será con Susana Marques, fundadora e directora da empresa portuguesa de consultaría e xestión cultural Setepés, desde hai 15 anos. Susana é consultora da Unión Europea e membro de “A Soul for Europe EEIG”, así como profesora convidada na Escola Superior Artística do Porto.
Asiste como experta en coordinación e financiamento de proxectos europeos, temática sobre a que iniciaremos a conversa.
- Cando e onde? Sábado 28 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
- Como inscribirse? Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com
- Custe? De balde para asociad*s (consumicións non incluídas).
- Prazas limitadas
.
.
« Encontros da AGPXC: Boas Prácticas e Xestión Cultural de Proximidade Renovación da xunta directiva da AGPXC »