Plan de Formación 2020

A transformación dixital na Xestión Cultural

As entidades e profesionais da cultura exploran dende hai tempo novos modelos de conexión cos públicos a través da Rede. Unha necesidade que parte da propia transición dixital da sociedade e que se intensificou na crise da covid-19. Este proceso resultou revelador: das carencias, en forma de diversas fendas dixitais, pero tamén das oportunidades da mediación dixital no eido socio-cultural.

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, consciente deste reto e co apoio da Xunta de Galicia, promove un novo plan formativo, destinado a actualizar as competencias das profesionais da xestión cultural nun contexto global de transformación dixital.

.

.


Infórmate e inscríbete:

A presentación pode ampliarse clicando nos tres puntos da esquina inferior dereita. Se non a podes visualizar correctamente, visita este enlace:

Plan Formativo | AGPXC 2020

A inscrición nos cursos pode realizarse en:

i.gal/transformacion-dixital

Escríbenos para calquera consulta ou dúbida a:

formacion@xestoresculturais.gal