Homenaxe a Manolo Rúa. Socio de honra 2019 desde a perspectiva da/o técnica/o de cultura municipal.

encontros, info, rede Comments (0)

Pontevedra, 29 de novembro de 2019

Na Feira das Industrias Cultutrais de Galicia, Culturgal 2019, a AGPXC otorgou o seu primeiro socio de honra a Manolo Rúa, sociólogo e técnico de cultura no Concello de Moaña.

Manolo rúa, ás portas da súa xubilación, representa ese oficio tan importante dentro do sistema cultural galego: x técnicx de cultura municipal.

Laudatio a Manolo Rúa por Héctor M. Pose:

Boas tardes.
Levo toda a semana viaxando dun lado a outro, intentando conciliar o
irreconciliable, os tempos da doméstica e a crianza familiar coas tarefas
inherentes ao meu labor docente e investigador. Mais cando me
solicitaron a miña presenza hoxe aquí, entendín que o corpo e
nomeadamente o que nel poida albergar de ben nacido, pedíame estar.
Porque a mellor maneira de amosarlle consideración, respecto e
agradecemento a unha persoa é mirándoa aos ollos e dicirlle: Saúde
Manolo, Mestre e grazas!
Que un gremio onde a precariedade laboral, a fricción cos xefes políticos,
o traballo arreo e outras inclemencias que sufre quen profesa a acción
cultural, faga un alto no camiño para recoñecer explícitamente a un
compañeiro, xa di moito dese elexido. Neste país de minifundios na terra
e nos afectos, semella que só falamos ben dun… no seu velatorio.
Porén, Manolo P. Rúa está ben vivo, e concita unánime aprezo,
recoñecemento profesional e posúe unha bonhomía que o reborda. De aí
que digamos ao unísono: Saúde Manolo, compañeiro, grazas!
Un rápido repaso aos seus méritos profesionais e para non avermellalo
coa listaxe, digo de memoria que leva como técnico cultural desde os anos
80, foi presidente da extinta pero lembrada Asociación Landrover,
aleccionounos a todos na recuperación da memoria coa fotografía e a
oralidade, ten participado en canto xuntanza, xornada e manifesto houbo
a prol da consideración sociolaboral da profesión, reflexionou sobre o rol
da cultura e dos seus equipamentos nos foros e na investigación desde a
Universidade de Vigo, foi membro activo do mítico interea, ten publicados
libros que retratan as xentes deste país como Galicia SL e Domingo de
calcetíns brancos, é doutor en Socioloxía, sabe moito de arquitectura, de
fotografía, é un avezado lector, mellor conversador…e paro porque aínda
me resta amplificar a súa faceta humana.
Humildade, se tivera que trazar en breves rasgos a forma de ser de
Manolo, esa sería unha das súas virtudes. A tanta xenerosidade, tamén. A
quen vos fala, foille de inestimable axuda e apoio en moitos momentos da
miña vida profesional e persoal polo que sempre lle estarei agradecido.O siso acaído, o bo costume de relativizar e poñer en xusta medida o que
acontece, o humor como medio para sobrevivir entre tanta
impostura…son rasgos do homexaneado hoxe.
Manolo é un grande escoitador. Sempre está, sempre atende o móbil. É,
para min, un noray, un coído seguro onde me teño resgardado moitos días
entoldados. Ese P. do seu apelido non é Pérez, é Pose, ou iso desexo crer.
Por todo isto e por outro tanto que calo por non me alongar, brindo por ti,
Manolo, Mestre, compañeiro, amigo, irmán.
Héctor Pose
29/Nov/2019

 

 

 

Pin It

» encontros, info, rede » Homenaxe a Manolo Rúa. Socio...
On 09/12/2019
By

Comments are closed.

« »