San Caetano | CC BY-SA Praza Pública

Reunión da AGPXC co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e co Secretario Xeral de Cultura

comunicados e documentos Comments (0)

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural mantivo unha reunión co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez e co Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo na Consellería de Cultura.

A reunión prodúcese a petición da Consellería a raíz da publicación do documento “Pensamentos sobre ¿qué facer coa cultura?”.

Jesús Vázquez manifestou o seu interese en ter en conta o documento elaborado pola AGPXC para o redacción do futuro Plan da Cultura. Tamén solicitou da AGPXC a súa interlocución como parte activa do tecido cultural galego para a incorporación de propostas durante a fase de elaboración de Plan da Cultura.

Os representantes da AGPXC na reunión manifestaron a disposición da asociación a colaborar durante o proceso de redacción. O primeiro paso será remitirlle o documento “Pensamentos sobre ¿qué facer coa cultura?” unha vez que remate o proceso de análise e confrontamento do mesmo cos diferentes axentes do sector. Este xeira de debates comezará os vindeiros 6 e 7 de maio no Ágora da Coruña e continuará polo resto das cidades galegas.

 

Pin It

» comunicados e documentos » Reunión da AGPXC co Conselleiro...
On 03/04/2013
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »