A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e a Deputación de Pontevedra presentan a xornada formativa “Retos da Cultura poscovid”.

boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede Comments (0)

Venres, 28 de xaneiro do 2022


Desde Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC) e a Deputación de Pontevedra promovemos “Retos da Cultura poscovid”, unha cita ineludible que porá en contacto a diferentes profesionais do sector cultural, tanto desde entidades públicas, alén desde o tecido asociativo e o emprendemento de toda Galicia, con especial representación da provincia de Pontevedra.

Durante case xa dous anos de pandemia, onde a cultura foi refuxio e oxíxeno para toda a sociedade, este sector profesional amosou excelencia, sendo exemplar na súa adaptación, flexibilidade e responsabilidade, poñendo as persoas no centro da súa programación e xestión. Mais tamén navegou por mares de profunda incerteza e desamparo en moitos momentos.

Por todo isto nace esta xornada profesional, este encontro para a reflexión conxunta, para partillar experiencias e buscar novas formas de afrontar as problemáticas presentes e futuras para o sector. 

Neste senso ambas entidades entendemos que o punto de inflexión que supón a pandemia abre novos desafíos que afrontar na busca e articulación de alternativas para o sector cultural. O encontro profesional conta así coa participación de profesionais así como coa presenza de exemplos inspiradores que teñen lugar na provincia, entendendo que Pontevedra é un territorio cun alto potencial cultural que pretende visibilizar e poñer en valor.

A xornada terá lugar o vindeiro xoves 10 de febreiro de 09.30h a 14.00h no Castelo de Soutomaior e contará coa presenza de Carmela Silva (presidenta da Deputación de Pontevedra), Pilar Portela (presidenta da AGPXC), Benito Burgos (coordinador do programa do ministerio Cultura y Ciudadanía), Paula Cabaleiro (directora de Cultura da Deputación de Pontevedra), Marta Núñez (técnica de actividades culturais e educativas do Concello de Vigo), Alfonso Pato (director do Festival de Cans), entre outras profesionais do sector.

Para asistir presencialmente é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón.

Achegamos a continuación o programa ao completo da xornada.

Pin It

» boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede » A Asociación Galega de Profesionais...
On 26/01/2022
By
, , , , ,

Comments are closed.

« »