Renovación da xunta directiva da AGPXC

comunicados e documentos Comments (0)

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

 

A asemblea da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nomeou a Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro) como novo presidente da AGPXC, sucedendo a Julio Gómez (Sinsal), quen viña desenvolvendo o cargo nos últimos tres anos.

A nova xunta directiva, unha mostra da plural representación do sector público e do privado presente na AGPXC, queda composta por:

  • Presidente: Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro)
  • Vicepresidenta: Cristina R. Labandeira (O Cable Inglés)
  • Secretario: Carlos Lorenzo (Técnico de Cultura no Concello de Carral)
  • Tesoureiro: Julio Gómez (Sinsal)
  • Vogal 1: Desirée Vidal (Freelance)
  • Vogal 2: Suso Amado (Técnico de Cultura no Concello de Santiago de Compostela)
  • Vogal 3: Marcos Lorenzo (Freelance)

 

Na mesma asemblea decidiuse que a AGPXC desenvolva as súas liñas de traballo principais grazas a unha estrutura de “xunta directiva” extensa e flexible, onde teñan cabida todas as socias e socios que desexan participar activamente.

 

 

Pin It

» comunicados e documentos » Renovación da xunta directiva da...
On 15/04/2015
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »