A asemblea da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nomeou a Pilar Portela (Directora – Xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra) como nova presidenta da AGPXC, sucedendo a Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro). A nova xunta directiva, unha mostra da plural representación do sector público e do privado presente na AGPXC, queda composta por:
- Presidenta: Pilar Portela (Directora – Xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra)
- Vicepresidenta: Clara R. Cordeiro (7H Cooperativa Cultural)
- Secretario: Carlos Lorenzo (Técnico de Cultura no Concello de Carral)
- Tesoureiro: Diego V. Meizoso (Escena Galega)
- Vogal 1: Fátima Teixeiro (Serv. de Participación e Integración Universitaria – USC – Campus Lugo)
- Vogal 2: Tomi Legido ( DezdeDez e Sala Mardi Gras)
- Vogal 3: Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro)
A AGPXC desenvolve as súas liñas de traballo principais grazas a unha estrutura de “xunta directiva” extensa e flexible, onde teñen cabida todas as socias e socios que desexen participar activamente.
« Celebramos unha xornada sobre a lei de contratos do sector público aplicada á xestión cultural Xornada formativa: “A xestión cultural desde e para o sector público” »