Rematamos o ano falando de feminismo e industria musical

conferencias e charlas Comments (0)

A Coruña, 18 de decembro de 2018

Estes días tivemos ocasión de participar, convidad*s pola asociación MIM, nas Xornadas sobre Feminismo e Industria Musical que se celebraron na Coruña, representados por varias socias e polo presidente da AGPXC, que formou parte da mesa “Tecendo redes: colectivos galegos construíndo en perspectiva de xénero”, xunto coa socia Arancha Estévez.

Nas xornadas, ademais, difundiuse o traballo doutra das nosas socias, neste caso Belén Bermejo, responsable do documento Cara as lentes violetas na música, do que xa vos falamos hai algúns meses e que podedes lembrar e ler desde aquí.

As Xornadas sobre feminismo e industria cultural. A creación dun novo modelo cultural tiñan como obxectivo crear un debate sobre a situación concreta deste ámbito, poñendo en común e traballando sobre estratexias para darlle á volta á desigualdade entre as e os profesionais.

Pin It

» conferencias e charlas » Rematamos o ano falando de...
On 18/12/2018
By
, , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »