Recoñecemos as boas prácticas culturais que se desenvolven en Pontevedra

boas prácticas Comments (0)

Pontevedra, 14 de marzo de 2018

No noso empeño por explica e difundir todo o que se fai de calidade no eido cultural galego e de dar a coñecer a asociación, poñendo en contacto ás profesionais que desenvolven os proxectos, levamos o Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural a todos os lugares e espazos posibles.

Ese percorrido dirixiuse desta volta a Pontevedra, onde, desde a AGPXC, quixemos recoñecer os proxectos deste concello que se inclúen no banco. Concretamente, o Salón do Libro Infantil, a Feira Franca, o Seminario Permanente de Jazz, as Noites Abertas, Sétima Feira e o Liceo Mutante.

Auténticas marabillas que amosan o ben que se poden facer as cousas e o que dá de si a nosa profesión. Non só en Pontevedra, senón en boa parte da nosa comunidade. Algúns lugares xa os visitamos, e recoñecimos  as súas iniciativas, e outros visitarémolos en breve.

Pin It

» boas prácticas » Recoñecemos as boas prácticas culturais...
On 14/03/2018
By
, , , , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »