4ª Quedada da AGPXC : Pecha Kucha sobre Xestión Cultural en Boiro

conferencias e charlas, encontros Comments (0)

Boiro, 26 de abril de 2017

A Quedada do mes de Abril tivo lugar en Boiro dentro da sexta edición do Pecha Kucha que organiza a Asociación Boirense de Empresarios xunto o Concello de Boiro.

Nesta edición apostouse por poñer en valor a economía creativa, coa presenza de 6 profesionais da xestión cultural, quenes nos amosaron a través dos seus traballos a relación entre cultura e creatividade no desenvolvemento económico do territorio.

Neste Pecha Kucha no que se falou sobre o sector cultural galego contouse coa presenza de:

La 10 Planta con Juan Rivas e Manuel Araujo; Xeneme Proxectos Sociais con Diego Parajó; Marián Fernández da cooperativa cultural O Cable Inglés, Sergio Lago de  BenCuriosa, Kin Martínez de Esmerarte e Vitor Belho da Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

 

Pin It

» conferencias e charlas, encontros » 4ª Quedada da AGPXC :...
On 26/04/2017
By
, ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »