O sábado 25 de Marzo tivemos a terceira quedada deste ano, neste mes de marzo achegámonos á Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) coa nosa compañeira María Vázquez do Concello de Ames.
Tratouse dunha sesión debate na que definimos a posición da asociación ante as convocatorias públicas de emprego, debatimos sobre os perfís e as categorias profesionais dxs traballadores da Xestión Cultural nos concellos galegos, e concretamos a proposta de formación para xestores públicos que será trasladada á Consellería de Cultura. Contouse tamén nesta quedada co asesor xurídico Santos Lorenzo.
« A área de Cultura da Deputación apoia o Banco Dixital de Boas Prácticas Culturais Balance das tres primeiras quedadas do ano »