A Asociación presentouse oficialmente en Cultur.gal
Alberto García explicou os cometidos, antecedentes e integrantes da Asociación Profesionais de Xestores Culturais de Galiza nesta entrevista en culturagalega.org
Pretende agrupar todos os profesionais que desenvolvan actividades relacionadas coa xestión da cultura no país. Chámase Asociación Profesional de Xestores Culturais de Galiza e preséntase hoxe no marco do Cultur.gal, o salón das industrias culturais. Os antecedentes da entidade hai que buscalos en Land Rover, a asociación creada hai dez anos para agrupar a técnicos locais da xestión pública. Pero agora amplía o seu horizonte e obxectivos, para agrupar aos profesionais a todos os niveis: públicos, privados, locais, comarcais, autonómicos…. De momento, a entidade preséntase con corenta membros entre os que se encontra Alberto García, que considera “que este é o momento pertinente porque o sistema cultural galego está nun momento de artellamento”.
« Constitúese a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural Congreso de la profesionalización de la Gestión Cultural en el Marco Europeo »