A AGPXC colabora nas xornadas “A cultura é un dereito”

conferencias e charlas Comments (0)

Bergondo, 25 de abril de 2018

A AGPXC vén de colaborar, e participar, nas xornadas promovidas desde a Deputación da Coruña A Cultura é un Dereito (cultura en todos os concellos, cultura para todas as persoas). Concretamente, a participación centrouse na programación dirixida a profesionais, estudantes, colectivos e activistas da cultura en Galicia.

A xornada, que se desenvolveu no pazo de Mariñán (Bergondo), foi inaugurada pola vicepresidenta da institución provincial, Goretti Sanmartín, e polo presidente da asociación de xestores, Alberto García, quen tamén moderou a mesa redonda dedicada aos dez anos da AGPXC baixo o título Evolución da xestión cultural. Perfís profesionais da cultura. Nela participaron Pilar López, técnica de cultura do Concello de Foz, Héctor Pose, do Grupo SEPA-Interea, Xavier Campos, xestor cultural da Deputación da Coruña e Julio Gómez, director de Sinsalaudio.

Tamén houbo tempo para falar de experiencias culturais concretas, a través dalgúns dos proxectos que se recollen no Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural.  Concretamente  de Fálame de San Sadurniño, Feira Histórica 1900 de Arteixo, Fotos para as mil historias de Carral, Muros mira ao mar e o FIOT de Carballo.

Pin It

» conferencias e charlas » A AGPXC colabora nas xornadas...
On 25/04/2018
By
, , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »