O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural recalou nesta ocasión en Boiro, e máis concretamente na súa Noite de PechaKuchas: pequenas pezas visuais co formato 20 imaxesx20 segundos que, neste caso, foron protagonizadas por cinco experiencias culturais da zona do Barbanza.
As cinco recibiron neste acto a distinción da AGPXC que as acredita como propostas desenvolvidas en base aos criterios profesionais que definen unha boa xestión cultural e que son os que as fixeron formar parte do noso banco.
As propostas galardoadas, e protagonistas da Noite de Pechakuchas de Boiro, foron a asociación cultural Barbantia, o festival Olloboi, a Festa da Dorna, o Feirón Mariñeiro de Rianxo e a Mostra de Curtas de Noia.
A noite completouse cunha charla do xornalista Manuel Gago sobre turismo cultural e a presentación da revista en papel República Creativa.
« Recoñecemos as boas prácticas culturais que se desenvolven en Pontevedra Falamos na Cidade da Cultura da relación entre algunhas propostas culturais de referencia e a defensa do idioma »