Hoxe comezou o Co-LAB, Laboratorio de Innovación cidadá da Coruña. Un espazo de produción e prototipado de coñecemento, a través de diferentes grupos de traballo e investigación, que impulsen procesos de innovación cidadá para a transformación social contribuíndo ao desenvolvemento cultural, social, e económico da cidade.
Ao encontro, que durará dous días, acudíu en representación da AGPXC, convidado pola organización, o presidente Alberto García.
« VI Xornada en Xestión e Mediación Cultural, organizada pola Universidade de Lugo en colaboración coa AGPXC A AGPXC no Culturgal 2016 »