O Banco de Boas Prácticas pechará na USC o seu primeiro semestre de actividade

boas prácticas Comments (0)

Compostela, 18 de xuño de 2018

Seis meses despois de activarse na rede e darse a coñecer por primeira vez en Culturgal, o Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural está a piques de pechar o seu primeiro semestre de vida. Nestes tempo tivemos ocasión, desde a AGPXC, de levalo a diferentes espazos e convocatorias, en distintos lugares da xeografía galega, para dalo a coñecer, a el e ás boas prácticas que recolle, pero tamén á nosa asociación e, por tanto, á nosa profesión.

Nese percorrido, ademais, tivemos ocasión de distinguir a algunhas das cen iniciativas que actualmente recolle o Banco e coñecer, poñer en contacto e presentar de maneira pública ás persoas que as fan posible.

Este primeiro semestre de presentacións rematará cun acto o vindeiro 11 de xullo, no marco da Universidade de Verán da USC, pero o percorrido do Banco non rematará aí: hai xa actividades previstas para os vindeiros meses das que vos iremos dando conta.

Ademais, mantemos aberta a posibilidade de que sexan aínda máis, xa que desde a asociación seguimos dispost*s a colaborar con outras entidades e a acudir aos espazos oportunos para seguir dando a coñecer o noso traballo e os nosos proxectosde referencia.

Pin It

» boas prácticas » O Banco de Boas Prácticas...
On 18/06/2018
By
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

«