O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural comeza un percorrido por Galicia distinguindo trece propostas de referencia en Compostela

boas prácticas Comments (0)

Compostela, 11 de xaneiro de 2018

A AGPXC iniciou o seu percorrido para dar a coñecer o Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural cun acto na sala Numax de Compostela, o primeiro dun total de nove a desenvolver entre xaneiro e xuño deste ano.

O acto, no que participaron o presidente da asociación, Alberto García, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, serviu para distinguir de maneira oficial as iniciativas da área compostelá que recolle o noso Banco de Boas Prácticas.

Considéranse, e así se recoñeceron, exemplos de boa xestión cultural os festivais de cine Cineuropa e Curtocircuíto, as Festas do Barrio de San Pedro, os festivais Galicreques, WOS Festival e Festigal, así como as propostas Feito a Man, Escola Unitaria e o proxecto  Axóuxere. Tamén as propostas vinculadas á Cidade da Cultura Nexos e Escenas do Cambio, sen esquecer á ACentral Folque e á propia Numax.

Estas trece propostas culturais son só o comezo dunha lista de cen proxectos inspiradores feitos en Galicia dos que vos iremos falando a través dos nosos actos de presentación do Banco e visibilización da nosa profesión e dos que vos iremos dando conta a través das nosas redes e da nosa páxina web.

 

Pin It

» boas prácticas » O Banco de Boas Prácticas...
On 11/01/2018
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »