A AGPXC presentou, dentro do programa da ICC Week -o marco das industrias culturais e creativas- que se desenvolveu en Ourense o Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural , onde ademais entregou os diplomas correspondentes ás propostas culturais ourensás recollidas nel, como son a Festa da Istoria e a MIT (Mostra de Teatro Internacional), ambas de Ribadavia, así como a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), o Outono Fotográfico e o FITO (Festival Internacional de Teatro) de Ourense e a romaría etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes (Celanova).
No contexto da ICC Week tamén se entregaron os premios Rodolfo Prada á xestión cultural, promovidos pola Deputación de Ourense coa colaboración da AGPXC. As galardoadas foron iniciativas tamén incluídas no noso Banco de Boas Prácticas, como é o caso da Escola Unitaria de Compostela (na categoría de proxectos vinculados á AGPXC), Fálame de San Sadurniño (premio a profesionais da xestión cultural) e o festival Arteficial (na categoría de persoas ou colectivos voluntarios) que se desenvolve na localidade ourensá de Ribadavia .
« A cultura cidadá galega, no MediaLab-Prado de Madrid Cara ás lentes violetas na música, un documento para favorecer a igualdade de xenéro »