No marco da Ourense ICC Week presentouse os I Premios Galegos da Xestión Cultural “Rodolfo Prada Chamocín” para recoñecer a labor dxs xestorxs culturais. O premio, instaurado pola Deputación de Ourense coa colaboración da AGPXC pretende visibilizar nas súas diferentes categorías a profesionais, proxectos e persoas que dun xeito non profesional levan a cabo importantes proxectos culturais galegos.
O acto de presentación tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Asociación Galga de Profesionais da Xestión Cultural, Alberto García; o xestor cultural no Concello de Celanova, Antonio Piñeiro e o coordinador da ICC Week, Juan Rivas.
« 4ª Quedada da AGPXC : Pecha Kucha sobre Xestión Cultural en Boiro A AGPXC participa no CulturaLab da USC de Lugo »