Presentación en Carballo do Manual de boas prácticas na Xestión Cultural das Artes Visuais

boas prácticas, comunicados e documentos, conferencias e charlas, info Comments (0)

Carballo, 20 de maio do 2022

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, en colaboración coa área de Cultura da Deputación da Coruña publicamos un Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural das Artes Visuais.

A presentación deste segundo manual tivo lugar no Pazo da Cultura de Carballo arredor do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, un dos máis veteranos de Galicia, e contou coa participación de:

  • Xurxo Couto, deputado de Cultura na Deputación da Coruña
  • Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC
  • Clara Rodríguez, de 7H Cooperativa Cultural (autoras do manual)
  • Marcos Trigo, concelleiro de Cultura no Concello de Carballo

Este manual forma parte dunha liña de produción de manuais impulsada pola AGPXC coa que se pretende dotar ao colectivo de profesionais da xestión cultural de pautas para desenvolver proxectos que atendan á lexislación vixente e aos elementos chave da AXENDA 2030 de Desenvolvemento Sustentable.

O primeiro manual publicado foi dedicado ás boas prácticas para espectáculos ao vivo, que tivo unha excelente acollida no noso colectivo. Agora desde a asociación profesional presentan unha nova guía para o traballo nas artes visuais, un conxunto de manifestacións culturais que están a gañar unha maior atención por parte dos públicos, con novas disciplinas de creación e novos xeitos de gozo, algúns deles vencellados aos avances dixitais.

Este manual é unha ferramenta útil para que todo tipo de xestoras culturais (programadoras, produtoras, curadoras, mediador) poidan relacionarse desde a reciprocidade, o respecto e a transparencia tanto co resto de suxeitos do sector (Creadoras, educadoras, provedoras, etc) como coas comunidades involucradas nos procesos artísticos.

O manual estrutúrase en tres grandes capítulos. O primeiro ofrece unha serie de definicións preliminares e termos transversais ás prácticas abordadas, formula unha breve introdución aos principios que deben soster toda relación profesional nas artes visuais. O segundo debulla a aplicación das boas prácticas no ámbito da nosa profesión e atende á importante responsabilidade social que temos. Finalmente, o terceiro capítulo tenta atender ás particularidades ou problemas específicos que podemos enfrontar como xestoras nos diferentes campos das artes visuais a partir dunha revisión práctica de distintos casos e supostos.

A presentación deste segundo manual tivo lugar este venres 20 de maio no Pazo da Cultura de Carballo arredor do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, un dos máis veteranos de Galicia, e contou coa participación de:

  • Xurxo Couto, deputado de Cultura na Deputación da Coruña
  • Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC
  • Clara Rodríguez, de 7H Cooperativa Cultural (autoras do manual)
  • Marcos Trigo, concelleiro de Cultura no Concello de Carballo

O manual está dispoñible para a súa libre descarga a través da seguinte ligazón.

 

Pin It

» boas prácticas, comunicados e documentos, conferencias e charlas, info » Presentación en Carballo do Manual...
On 20/05/2022
By

Comments are closed.

«